Aberto o prazo de inscrición na FP Dual

Primeiro proxecto experimental. O alumnado combinará formación no CIFP Politécnico de Santiago coa formación na empresa e cun contrato de traballo remunerado.

Foron convocadas 15 prazas novas para o ciclo de grao superior en sistemas de telecomunicacións e
informáticos. O plan de estudo, de dous anos e medio, expón que o alumnado compaxinará a súa
formación no CIFP Politécnico de Santiago coa formación na empresa e cun contrato de traballo remunerado.

A convocatoria vai dirixida a persoas que cumpran os requisitos de acceso aos ciclos formativos, que teñan entre dezaseis e trinta anos e que non teñan realizado con anterioridade un contrato de formación e a aprendizaxe. Os interesados en participar nesta iniciativa poderán presentar as súas solicitudes entre o día 21 e o 25 de xaneiro, as 13 horas, na secretaría do CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. O centro fará público a relación definitiva de persoas candidatas que cumpra nos requisitos de acceso aos ciclos formativos. De entre elas, a empresa Coremain será a encargada de realizar a selección dos 15 estudantes que participen no proxecto que comezará a mediados do vindeiro mes de xaneiro.

FP dual: Formación e traballo
O carácter diferencial da FP Dual consiste na combinación da formación curricular co traballo remunerado nunha empresa, neste caso Coremain, na que ademais as alumnas e alumnos recibirán formación complementaria á establecida no currículo formativo correspondente, co fin de reforzar a súa preparación e mellorar a súa empregabilidade. Deste xeito, dos 2 anos e medio de duración do proxecto, o 21,7% desenvolverase no centro educativo correspondente, mentres que o restante se levará a cabo nas instalacións de Coremain.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*