“Coruñeses”

A natureza máis próxima e máis descoñecida. Exposición fotográfica no Aquarium Finisterrae

Esta exposición é unha pequena homenaxe que o fotógrafo, Miguel López Caeiro, fai a esa natureza tan próxima que todos recoñecemos e que algúns se sorprenderán de ver como unha vez retratada adquire un valor estético insospeitado.

As 60 fotografías que contén a exposición ofrecen belas perspectivas de lugares como o encoro de Cecebre, con imaxes dun amencer nesta paraxe ou corvos mariños pousados nas ramas que emerxen das súas augas; unha charca mareal na praia de Baldaio durante a posta de sol, co cabo San Adrián e a illa Sisarga Grande ao fondo; un pequeno afluente do río Eume abríndose paso entre a espesa vexetación das Fragas do Eume; ou unha bubela criando aos seus pitos no niño instalado no buraco do muro dunha casa en Vilaboa. 

López Caeiro retrata así paisaxes, fauna e vexetación de lugares moi próximos cuxa beleza resulta tan impactante como a de calquera outro sitio do mundo

Na sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*