Ser activista polos dereitos humanos “é sinxelo”

Campaña de Amnistía Internacional na procura de voluntariado.

“O mundo necesita xente disposta a marcar a diferenza, pero non falamos de superheroes, falamos de ti: Porque non fai falla ser un superheroe para defender a xustiza e a liberdade”.

Así o expón a campaña de Amnistía Internacional, na procura de persoas que pensen que os dereitos humanos están “por enriba de todo” e que queiran achegar o que saben facer para construírmos un mundo diferente. “Non é necesario ter moito tempo nin ter grandes coñecementos”, advirten, indicando que non importa nin a idade nin o lugar de residencia. “Só cómpre ter gañas e entusiasmo: ser activista é sinxelo”.

O movemento internacional de Amnistía en prol dos dereitos humanos ofrece ducias de xeitos diferentes de participar. “Só ti podes ser Súper A, con ‘A’ de Activista.

Máis información: Como ser Súper A?

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*