Aventuras no Aquarium

Desde este luns 4 de febreiro, aberto o prazo de inscrición no programa.

O Aquarium Finisterrae propón un programa especial de actividades de fin de semana chamado “Aventuras no Aquarium, que inclúe experiencias como unha visita á zona técnica ou participar na alimentación das focas. É unha ocasión para aquelas persoas que desexen coñecer a Casa dos Peixes desde outra perspectiva e realizar unha actividade especial da man do persoal especializado do centro.

As “Aventuras” propostas serán as seguintes:

– Aventura coas focas. Os asistentes a esta actividade coñecerán os segredos da dieta das focas, prepararanlles a comida e participarán na súa alimentación. Sábados e domingos ás 11 horas a partir do 9 de febreiro. Dirixida a nenos maiores de 7 anos, que deben asistir acompañados dun dos seus pais.

– Viaxe ao centro do Aquarium. Unha visita guiada pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, celebrarase sábados e domingos a partir do 16 de marzo, ás 12 horas.

Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 842, a partir do 4 de febreiro, e abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Cartón 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*