O Xogo Xigante dos Residuos percorre 16 centros escolares

Adscritos ao programa educativo “Recíclate con Sogama”.

O Xogo Xigante dos Residuos constitúe unha das actividades didácticas e lúdicas promovidas por Sogama que vén a complementar as deseñadas polos propios colexios que participan nesta iniciativa, pretendendo que os escolares poidan afianzar e poñer a proba os seus coñecementos en materia de recollida selectiva. O obxectivo último é que a separación de residuos se incorpore á rutina da comunidade educativa como un hábito máis, imprescindible para posibilitar o reciclado. Para isto, os centros foron dotados con contedores específicos destinados a acoller as distintas tipoloxías de material.

Tras pasar polo Ceip “Manuel Masdías” de Ferrol, o xogo xigante chega este luns ao CEIP “Pedro Barrié da Maza” de Sada, onde permanecerá toda a semana. O periplo concluirá o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, no Ceip “O Salvador” da Pastoriza.

Forman parte desta iniciativa, pola provincia da Coruña, o Ceip Plurilingüe “O Grupo” de Ribeira, “Emilio Navasqüés” de Outes, “Manuel Masdías” de Ferrol, “Areouta” de Fisterra, “Pedro Barrié da Maza” de Sada e “Pío XII” de Santiago de Compostela; pola de Pontevedra, o Ceip “Lourido” de Poio, “As Covas” e “Coirón-Dena” de Meaño, o Ceip de Oca, na Estrada, o Cpi “Aurelio Marcelino Rei García” de Cuntis e o Ceip “Carballal-Cabral” de Vigo. A provincia de Lugo está representada polo Cpi “Ramón Piñeiro” de Láncara, “O Salvador” da Pastoriza e o colexio de Monterroso; e a de Ourense, polo CRA de Monterrei.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*