IV Concurso de banda deseñada “B.D. Vigo”

Prazo aberto do certame deica o 25 de marzo.

A Biblioteca Pública Central de Vigo convoca o  IV Concurso de banda deseñada “B.D. Vigo”, que ten por obxectivo animar ás xoves promesas da cultura do cómic galego e achegalos á biblioteca. 

Poderán concorrer todas as persoas interesadas en tres categorías por idades: ata 11 anos, entre 12 e 17, e maiores de 18. O tema será libre, con textos en galego, e o prazo de presentación rematará o 25 de marzo. Os traballos deberán ser orixinais, tendo unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima
de catro, a cor ou branco e negro e a técnica será libre e con dimensións de DINA-4. A autoría poderá ser individual ou dun equipo debuxante/guionista/colorista… O estilo, tratamento e xénero son libres.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*