Nenoarquitectura

Na Fundación Luís Seoane, na Coruña. Dende o 16 de febreiro e ata o 27 de abril.

Desde o 16 de febreiro, durante todos os sábados ata o 27 de abril en horario de 11 a 14 horas, a Fundación Luis Seoane acollerá unha vez máis o obradoiro Nenoarquitectura, unha actividade que pretende dar a coñecer conceptos de arquitectura e urbanismo aos máis pequenos de xeito lúdico a través do Sistema de Construcción Lupo.

Coma en ocasións anteriores, Nenoarquitectura dirixirase a nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos, e incluirá tamén a actividade Sen moverte do sofá, un proxecto educativo creado polo colectivo Arquitectives e realizado en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Paideia e da concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña.

Nenoarquitectura constará de dez sesións, das que tres formarán parte do ciclo ‘Sen moverte do sofá’. Nestas tres sesións os nenos comunicaranse con outros compañeiros de diferentes cidades en colaboración con outros equipos didácticos que traballarán en simultáneo. Os nenos aprenderán conceptos sobre urbanismo e cidade a través da comparativa con outras urbes, a utilización de medios audiovisuais e novas tecnoloxías e a interacción entre eles a través de videoconferencias. O resto de sesións terán un carácter transversal nas que a arquitectura misturarase con outras disciplinas artísticas como a pintura ou a escultura a través do traballo creativo de monitores e alumnos que empregarán os bloques construtivos do Sistema Lupo para darLLE forma a pezas de gran formato. Como colofón celebrarase un obradoiro familiar para a construción en conxunto de pais e nenos. A arquitectura, a arte, a creatividade en xeral serán os protagonistas da didáctica. O custe da matrícula é de 50 euros, aplicándose un desconto do 20% para grupos de irmáns.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*