Éxito do V Concurso Galego de Robótica

Deica este sábado continúa a actividade organizada por Igaciencia.

A actividade inspírase na idea de que a robótica é unha disciplina na que se cruzan ou atopan, outras áreas das ciencias e a enxeñería, unha porta lúdica a entender de forma práctica cousas vencelladas á física, matemáticas e informática. Alén diso, a oportunidade de iniciarse nun campo cheo de futuro, e de potenciar as habilidades creativas e de innovación propias dos adolescentes que gustan aprender da tecnoloxía e especialmente da robótica. A robótica brinda a posibilidade de concibir, crear e poñer a funcionar obxectos, favorece o desenvolvemento de procesos cognitivos de alto nivel nas persoas que se involucran con estes recursos, así como, a posibilidade de comprender funcionamentos, efectos e comportamentos de situacións reais recreándoas.

Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*