Asemblea de AGABEL o 13 de abril

Convocatoria da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura.

Está convocada a Asemblea Ordinaria de AGABEL para o vindeiro 13 de abril. Será no Museo do Pobo Galego, en Compostela, a partires das 11h en primeira convocatoria, e das 11h30 en segunda. A partires das 12h30 será a asemblea aberta. Durante a Asemblea discutirase o documento de AGABEL que resume a modo de decálogo a presenza do colectivo no mundo das bibliotecas escolares, e que reivindica melloras para o traballo dos responsables e o seu equipo nos centros de ensino.

Máis información e decálogo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*