Asina en prol dos compromisos de loita contra a pobreza infantil

O informe de UNICEF advirte da importancia de que os gobernos redefinan as súas prioridades nas políticas públicas.

O informe ‘Benestar Infantil’ que fixo público UNICEF é claro respecto diso. Nos países desenvolvidos os niveis de pobreza e benestar infantil explícanse non polos niveis de renda ou PIB senón por como esas administracións definan as súas prioridades nas políticas públicas. 

Así se explica, segundo UNICEF, que uno de cada catro nenos e nenas estea en risco de pobreza. E son máis de 2.200.000 nenos e nenas os que están por baixo de limiar da pobreza a nivel estatal. España ocupa o posto 26 dunha lista de 29 estados que mide a taxa de pobreza infantil, lista elaborada por UNICEF e onde o Estado español só mellora as cifras de Letonia, Estados Unidos e Romanía. En 2010 o goberno español comprometérase ante a Unión Europea a reducir en 250.000 o número de nenos en situación de pobreza ata 2020, pero o número de nenos e nenas pobres segue aumentando: un 10% durante a crise.

Por este motivo, UNICEF“>UNICEF pide a colaboración cidadá para facer presión sobre os responsables políticos e administracións públicas. O obxectivo é que se garantan recursos suficientes para os fogares con nenos, proporcionando servizos de calidade e involucrando os propios nenos e as súas familias no deseño das medidas contra a pobreza.

Asina a campaña na web de UNICEF

COMPARTIR

1 COMENTARIO

  1. […] “A función do emprego como factor de inclusión social só se cumpre se o emprego ten determinadas características de estabilidade, nivel de ingresos e calidade”, lembra Susías. E atrás de cada porta, milleiros de familias, viven esa “realidade corrosiva” que non só lastra a economía do fogar, senón que obstaculiza as relacións familiares e sociais”: Nai que sae a traballar ás 9 da mañá e, con sorte, pode volver ás 10 da noite. Pai que, con sorte, ten traballo, e no peor dos casos sae tamén ás 9 da mañá para buscar traballo e volve pola noite. Os referentes familiares non están na casa. E España é actualmente un dos sete países da Unión Europea que non teñen un verdadeiro sistema de prestacións por fillo a cargo, cando, paradoxalmente, é un dos estados con maior pobreza infantil… […]

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*