O Facho de Donón, en Cangas

Recentemente declarado Ben de Interese Cultural.

Trátase dun área que acolle espazos arqueolóxicos que inclúen petróglifos e asentamentos humanos desde o século X a.C ao século V d.C, que corresponden co Bronce Final, Idade do Ferro, Época Romana e comezos da Alta Idade Media. O seu valor acrecéntase pola existencia dun santuario composto por unha grande
cantidade de aras-estela dedicadas a un mesmo deus indíxena, polas características únicas destas e pola cronoloxía verificada para o culto.

O Facho de Donón está situado no extremo occidental da península do Morrazo. Ocupa un promontorio que sobresae na paisaxe, elevado sobre o mar nun cantil de máis de 180 metros, e cun gran dominio visual sobre o océano e as Illas Cíes e Ons. Está moi perto da aldea de Donón, pertencente á parroquia de Santo André de Hío, onde atopamos esta zona arqueolóxica excepcional e única no contexto peninsular. Trátase da primeira declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) dun santuario precristián de tradición prerromana.

Para ampliar:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*