Recordo para José Luís Sampedro desde as bibliotecas

Foise o escritor e intelectual, pero queda un feixe de magnífica literatura e sabias reflexións.

José Luís Sampedro non só foi un extraordinario escritor e humanista, tamén un respectado economista e un docente que deixou fonda pegada na súa alumnado. A educación, de feito, era unha das preocupacións que destacaba en recentes intervencións públicas, sendo moi crítico cos “recortes e insensibilidade” das administracións neste ámbito e acusando aos gobernos de intentar “castrar intelixencias” obstaculizando o acceso de nenos e nenas a unha educación de máxima calidade.

“É asombroso que a humanidade aínda non saiba vivir en paz, que palabras como competitividade sexan as que mandan fronte a palabras como convivencia”, dixo nunha ocasión. “O día que nace un comeza un pouco a morrer. Estamos afeitos ver a morte como algo negativo, e eu estou tan perto que non podo deixar de pensar neste asunto, pero penso con alegría vital. O que non nos ensinan é que o día que se nace empézase a morrer, e a morte acompáñanos cada día”

Falan del nos blogs educativos:

Algúns recursos na rede:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*