Cambia de papel

Documental promovido por Implicadas e dirixido por Luís Tosar, María Reimóndez e Kutti Revathi.

Segundo explican desde Implicadas no Desenvolvemento o documental ‘Cambia de papel’ exerce una mirada afastada do típico documental xornalístico ou informativo. Fálase dos múltiples papeis que as persoas desenvolvemos nas nosas vidas e de como o cambio, sobre todo nas condicións máis difíciles, fai que tamén se produza unha transformación no mundo que nos rodea. As protagonistas de Cambia de papel falan da súa vida cotiá, do seu día a día, sen ningún tipo de dramatismo pero sen esquecer tampouco que hai esforzos maiores ca outros e que deberían axudar á cidadanía do Norte a relativizar, conectar e actuar. Deste xeito, ‘Cambia de papel’ trasládanos á pel da outra banda na busca da reflexión e da transformación necesaria para facer da nosa sociedade e do noso sistema un lugar mellor.

A longametraxe está dirixida e producida por María Reimóndez (presidenta e fundadora de Implicadas no Desenvolvemento, escritora e experta en enfoque de xénero), Luís Tosar (actor, socio e colaborador de Implicadas dende 2008) e Kutti Revathi (escritora, cineasta támil, editora da revista feminista Panikkudam e da publicación sobre cinema feito por mulleres Kannadi, colaboradora asidua en proxectos de Implicadas).

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*