Salvemos as abellas: Que podes facer ti?

'Apis mellifera' / Imaxe: Greenpeace
A próxima vez que vexas unha abella, lembra que é un dos insectos responsable dun dos procesos máis importantes e fascinantes da natureza: a polinización.

A polinización é o proceso a través do cal as plantas son fecundadas obtendo sementes e froitos e xa que logo alimentos. A seguridade alimentaria e a biodiversidade dependen, en gran medida da polinización, un servizo ecolóxico gratuíto e fundamental para o planeta.

Sabías que…
… a nivel estatal existe a maior cabana apícola e a principal produción de mel e polen en Europa

…só en Europa o 84% dos cultivos e o 80% das flores silvestres dependen da polinización animal, en particular dos insectos

…só para a agricultura europea estímase que a polinización supón uns 22 mil millóns de euros anuais e a nivel mundial duns 265 mil millóns de euros anuais

No mundo existen polo menos 20.000 especies de abellas silvestres e en Europa perto de 2.500, pero sen dúbida, as grandes protagonistas son as abejas melíferas (Apis mellifera) por ser as máis eficientes e as máis abundantes.

Mais dende hai anos as poboacións de abells “domésticas” e doutros insectos polinizadores están sufrindo un descenso. Nos últimos invernos, a mortandade das colonias de abellas melíferas en Europa foi, como media, do 20% chegando a 53% nalgúns países.

E diante disto… que podes facer ti? Velaí catro ideas propostas polo colectivo ecoloxista Greenpeace:

1. Apoia as iniciativas para facer presión sobre os responsables políticos de forma que se prohiban os praguicidas tóxicos para as abellas e para promover un modelo de agricultura máis sustentable e ecolóxico

2. Aumenta o consumo de produtos da colmea (mel, polen, propoleo, xelea real e cera). Son sans e con iso apoias os apicultores e polo tanto as abellas. A apicultura é unha das actividades humanas máis sostible

3. Consume produtos ecolóxicos, así fomentas un modelo de agricultura que favorece, entre moitas cousas, ás abellas e outros polinizadores

4. No teu horto, xardín, terraza… potencia os refuxios naturais para polinizadores, ou fai ti mesmo algún, e planta variedades locais e atractivas para as abellas e outros polinizadores

Máis información na web de Greenpeace: informe ‘O declive das abellas’ (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*