‘Matemática danzada’ e ‘Cantigas e nanas do mundo para bebés’

Formación en danza para mestres de matemáticas e arrolos para todos os públicos. No Concello de Teo. De 10 a 12 de maio.

‘Matemática danzada’ e ‘Cantigas e nanas do mundo para bebés’ son as dúas propostas ás que se poderá asistir na Casa Común Marisa Mirás de Calo (Teo) no vindeiro mes de maio. O prazo de inscrición xa está aberto. As actividades están organizadas por Merlo Branco, en colaboración co Concello de Teo.

O venres 10 de maio de 18 a 21 h e o sa?bado 11 de maio de 11 a 14 h e de 16 a 20h, as e os mestres de primeiro e segundo ciclo de Primaria e o pu?blico interesado na danza, nas matema?ticas e na dida?ctica poderán aprender a través da mestra de danza Mercedes Prieto como resolveren problemas de forma imaxinativa e creativa, evitando a frustracio?n, apoiaren as operacio?ns lo?xicas elementais non so? na linguaxe gra?fica seno?n tame?n na linguaxe corporal así como desenvolveren estratexias persoais e colectivas para solucionar problemas e asumir unha actitude cri?tica ante os resultados, entre outros aspectos.

Cunha duración de 10 horas, 25 prazas e un prezo de 35 euros por persoa, a Casa Común Marisa Mirás de Calo (Teo) converterase nun laboratorio de ideas e xeitos de abordar o ensino dos números dunha maneira novidosa para as e os mestres de xeito que o profesorado consiga que os cativos, desde cedo, aprendan a gozar coas matema?ticas.

Arrolos e nanas do mundo
Por outro lado, o 12 de maio terá lugar a actividade ‘Cantigas e nanas do mundo para bebés’. Pensando en bebés de 0 a 8 meses e na creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebé, deseñouse este curso de arrolos e nanas que se celebrará entre 11 e 19 h podendo escoller as e os asistentes a hora que mellor lles conveña, xa que o programa se divide en sesións de 60 minutos.

Cun prezo de 5 euros por persoa, poderemos achegarnos ao percorrido polas doces melodi?as que tranquilizan os nenos de diferentes culturas e que Mercedes Prieto preparou para este curso. Oi?r e cantar, facendo os movementos que nos relacionan co noso bebe? e cos outros bebe?s do mundo, que transmiten un amor infinito e que ten?en como mellor alimento o afecto.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*