Inicio » Actualidade » V Encontro Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci

V Encontro Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci

En Granada, 31 de maio, 1 e 2 de xuño.

A Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci toma nome deste mestre e pedagogo italiano, Francesco Tonucci, investigador do Instituto de Psicoloxía do Consello Nacional de Investigacións (CNR) de Roma, que dedicou a súa actividade profesional ao estudo do pensamento e do comportamento infantís no ámbito da familia, a escola e a cidade, sempre “con ollos de neno”.

Son obxectivos, entre outros, desta asociación, colaborar na mellora da calidade do ensino e na formación integral así como potenciar as relacións da Comunidade Educativa (profesorado, familia e alumnado); organizar actividades extraescolares, culturais e deportivas destinadas á comunidade e intervir na súa realización, propiciando os medios axeitados; promover o espírito de asociación entre os asociados; fomentar xornadas, congresos, cursos, conferencias e sesións informativas destinadas á comunidade educativa (profesorado, familia e alumnado), sobre temas de interese social e profesional ou editar e publicar material propio relacionado co mundo da educación para a súa divulgación no sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*