Día Mundial da Asma: cita coa saúde respiratoria infantil

O primeiro martes de maio a Iniciativa Global para a Asma, baixo os auspicios da OMS, convoca anualmente este evento.

O Día Mundial da Asma nace para mellorar o coñecemento desta enfermidade e solicitar a atención da sociedade en xeral. Aínda que a asma non é unha enfermidade exclusiva dos nenos, o impacto que ten na infancia é moi superior ao que sofren os adultos. A Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap) estima que a porcentaxe de nenos con asma sitúase nun 10%, constituíndo así a primeira enfermidade crónica na infancia. Diferentes investigacións realizadas relacionan de forma claramente negativa diferentes elementos ambientais (humidade, fume do tabaco, mofo) coa saúde respiratoria infantil, provocando o aumento ou exacerbación do asma e das infeccións respiratorias.

Co desexo de ofrecer unha información seria e rigorosa sobre esta doenza, a Fundació Roger Torné puxo en marcha diversas iniciativas de colaboración con entidades públicas e privadas. A primeira delas é unha mesa redonda que contará coa participación de dúas grandes entidades que traballan por e para a saúde infantil. Os participantes tratarán, desde diferentes perspectivas, o papel da investigación e a sensibilización na prevención da asma. A segunda das iniciativas, realizada en colaboración con membros da AEPap consiste na publicación ao longo do mes de maio dunha Monografía sobre a Asma. Unha serie de artigos que inician unha perspectiva de 360º sobre a asma, para que as familias e pacientes conten cunha información pormenorizada e de calidade sobre a mesma. A terceira iniciativa é a posta en marcha dunha aplicación para smarphones e tabletas sobre saúde infantil e medio ambiente chamada ‘Inspira para pais e nais’.

Máis información na bitácora Inspira: Saúde e Medio Ambiente, da Fundación Roger Torné

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*