O programa educativo “Recíclate con Sogama 2012-2013” entra na súa última fase

Primeiras avaliacións das Illas de Reciclaxe e do intenso e exitoso traballo nas escolas.

Se ben os resultados das primeiras caracterizacións dos contedores que conforman as illas de reciclaxe foron bos, detectáronse erros comúns en relación ao uso do recipiente de cor amarela. É o caso da presenza no mesmo de obxectos plásticos que non son envases nin envoltorios (luvas, cubertos e palliñas propias dos briks de zume).

Os resultados finais alcanzados por cada centro dependerán fundamentalmente do grao de cumprimento dos obxectivos contemplados no plan Proxecta da Xunta de Galicia, a calidade dos residuos seleccionados e nivel de acerto á hora de depositalos nos diferentes contedores, o interese e a implicación mostrada, así como a capacidade para involucrar no programa ás familias dos escolares e ao propio concello ao que pertencen.

Os centros optarán agora a diversos premios en forma de material educativo polo seu compromiso coa educación ambiental.

O programa educativo “Recíclate con Sogama”, instaurado este curso académico en 16 centros escolares de infantil e primaria das catro provincias galegas, adéntrase na última etapa, a propia de avaliación dos proxectos desenvolvidos polos mesmos, e faino tras uns frutíferos meses nos que os colexios adscritos levaron a cabo un intenso traballo co obxectivo de integrar a xestión sostible dos residuos urbanos nos seus hábitos diarios. Os centros adheridos a esta iniciativa de Sogama,son, por parte da provincia de A Coruña, o CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira, Emilio Navasqüés de Outes, Manuel Masdías de Ferrol, Areouta de Fisterra, Pío XII de Santiago de Compostela e Pedro Barrié de la Maza de Sada. Por parte da de Lugo, o CPI Ramón Piñeiro de Láncara, o CEIP O Salvador da Pastoriza e o de Monterroso. Pola de Pontevedra, o CEIP de Oca, os CEIP Coirón-Dena e As Covas de Meaño, o CEIP de Lourido, en Poio, e o de Carballal-Cabral, en Vigo. E pola de Ourense, o CRA de Monterrei.

Relacionada: Premios Recíclate con Sogama

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*