III Encontro de Artistas Novos

Creadores emerxentes terán oportunidade de convivir e compartir experiencias durante catro días. No mes de setembro na Cidade da Cultura.

Dirixido a mozos nacidos entre 1978 e 1995 (ambos inclusive), o III Encontro de Artistas Novos terá lugar do 9 ao 13 de setembro e poderán optar a unha praza estudantes e licenciados en Belas Artes ou afíns e todos aqueles que demostren ter unha traxectoria ou proxecto artístico.

Tras o éxito das dúas anteriores edicións, o Encontro de Artistas Novos volve ao Gaiás da man de Rafael Doctor, co obxectivo de apoiar o promover o seu labor creativo e o intercambio de coñecemento. A Cidade da Cultura converterase, do 9 ao 14 de setembro, en escenario de intercambio onde reflexionar sobre aspectos esenciais da creación artística contemporánea e outros máis concretos e relacionados coa construción dunha obra e a súa proxección. Ademais de favorecer a convivencia entre artistas galegos e procedentes doutros lugares, o Encontro favorecerá o debate sobre a situación actual da arte contemporánea e proporcionará un espazo de encontro e intercambio de coñecementos de ideas entre artistas e outros axentes do sector como críticos ou comisarios.

Os participantes poderán entrar en contacto con outras traxectorias e procesos de produción artística a través dunha serie de conferencias impartidas por artistas de recoñecido prestixio nos circuítos nacionais e internacionais da arte contemporánea como a viguesa Carmen Nogueira, o artista visual Rogelio López Cuenca, Nuria Güell ou Fernando Sánchez Castillo. Xunto aos artistas, os participantes convivirán con observadores que apoian aos novos creadores e que queren estar ao corrente das novidades do artista emerxente e os seus proxectos artísticos. David Barro, Cristina Anglada, Pablo Florez ou Mario Mayer serán os críticos ou comisarios que, neste evento, actuarán como “art followers”.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*