No lombo da balea

Proxecto museístico expositivo sobre a historia da caza da balea.

O Auditorio Municipal de Cangas acolle deica o 18 de xullo a exposición “Galicia, no lombo da balea”, unha iniciativa da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

O obxectivo principal do proxecto é o de destacar a importancia que os mamíferos mariños, e máis concretamente as baleas e delfíns, tiveron na nosa historia, no desenvolvemento económico e cultural das sociedades humanas e máis destacadamente na sociedade galega, tratando de limar as diferenzas sociais a través da dignificación da profesión do baleeiro e todo o seu ámbito social, o realce do importante labor de sensibilización ambiental que achegou a defensa das baleas e finalmente a posta en valor da importancia ambiental actual da presenza dos cetáceos nas nosas costas, simbolizado mediante un pacto de paz erradicando a morte directa da nosa cultura.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*