Espazos Sonoros 2013

Música unida a obradoiros e visitas guiadas polo patrimonio artístico do país.

Concertos de diferentes estilos, acompañados de actividades, percorrerán diversos espazos arquitectónicos galegos desde o 8 de setembro deica o 27 de outubro de 2013.

Un diálogo entre as artes en entornos ás veces non tan coñecidos como deberían e con gran valor patrimonial. Nesta sexta edición da iniciativa, o ciclo fornece un amplo abano de estilos: Música de órgano, música antiga ou de cámara, fusións de flamenco ou as percusións máis contemporáneas, nunha decena de concertos en espazos que inclúen igrexas, unha fábrica, museos, muíños e mesmo un castro.

O estilo medieval e barroco abrirá e pechará esta edición coas formacións Il Combattimento, o 8 de setembro na Igrexa de San Salvador de Camanzo, en Vila de Cruces, e Música Acordada, o 27 de outubro no mosteiro de San Rosendo de Celanova. Os ingleses Ghotic Voices, difundirán os repertorios de música medieval europea, o 6 de outubro, na Igrexa de Santa María de Armenteira, en Meis. O flamenco virá da man do guitarrista galego Marcos Teira, que presentará o seu novo traballo, Flamenco Translations, o 14 de setembro no Museo Etnolóxico de Ribadavia. 0 15 de setembro, quenda para Odaiko Percussion Group cos ritmos máis contemporáneos no Museo do Castro de Viladonga, en Castro de Rei. O órgano, acompañado doutros instrumentos de vento, será o protagonista do concerto que ofrecerán Marisol Mendive e Andrés Díaz na igrexa de Xunqueira de Ambía, o 22 de setembro, con pezas do repertorio orgánico de destacados compositores ibéricos dos séculos XVI e XVII. O 29 de setembro, o novo proxecto de Caxade, setembro nas Salgadeiras de Moreiras, no Grove. DandyLady, o 2 de outubro, no IES Lucus Augusti de Lugo. A danza contemporánea de Cía. trasPediante, o 13 de outubro na fábrica de Sargadelos, en Cervo.E The Delightful Companion, o 19 de outubro no Museo Massó de Bueu.

Á beira, e coa fin de achegarlle a música ao público, haberá por exemplo obradoiros de música antiga e de organería para público infantil, sesións didácticas, espazos de conversa e música, visitas guiadas a muíños e castros e roldas polo patrimonio. Espazos Sonoros é un proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*