Rosalía en vinte edicións discográficas

Coñecendo a Rosalía a través da música.

Do Negra Sombra da Agrupación Artística de Vigo, en 1930, aos ‘Rapoemas’ de Aid o pasado ano 2012. A escolma ‘Rosalía en vinte edicións discográficas’ é unha selección reducida da extensa produción musical desenvolvida a partir das letras da poeta galega.

A peneira, dispoñible na web da Consellería de Cultura, foi realizada polo profesor Xaime Estévez Vila, e afonda na creatividade musical dedicada á obra de Rosalía de Castro e tamén á súa figura, fonte inspiradora de artistas de diferentes épocas e estilos.

Explica o musicólogo que existen cerca de catrocentas referencias a edicións gravadas que teñen a Rosalía de Castro como autora das letras. Entre elas atópanse exemplos que van desde os discos de lousa dos anos vinte gravados por coros como Cantigas da Terra da Coruña a Coral de Ruada de Ourense, ata traballos musicais recentes de estilos como o jazz de Alberto Conde, o rock de Astarot, o folk de A Quenlla ou Fía na Roca, pasando polo pop de Los Tamara e Ana Kiro, e polos traballos de cantautores como César Morán e Jei Noguerol. Entre os máis recentes, a adaptación ao rap de Aid e as tres pezas nas que Roi Casal adapta letras de Rosalía no seu disco Maxicamente vello : “Ninfa das frescas augas”, “Noite de San Xoan” e “Tecín Soia”.

A guía Rosaliaen20edicionsdiscograficas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*