Inicio » Igualdade » Certame de fotografía e deseño contra a violencia de xénero

Certame de fotografía e deseño contra a violencia de xénero

Organizado polo Concello de Lugo. Prazo aberto deica o 15 de outubro.

O primeiro dos mencionados certames organizado polo Concello de Lugo é o IV Certame de fotografía Revelando o Machismo, onde os traballos presentados teñen que plasmar unha imaxe relativa á desigualdade entre homes e mulleres, o sexismo, ou a violencia de xénero entre outros temas. O premio está dotado con 600 euros e un agasallo. O prazo para participar remata o 18 de outubro.

Tamén se presentou o concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero e na que os participantes deberán destacar o tema da violencia de xénero e no que se valorará o impacto das frases ou lemas que conteñan ditos deseños. Será requisito indispensable que figure o símbolo da Casa da Muller e do Concello de Lugo. Ademais servirá como cartel da Xornada contra a Violencia de Xénero que se celebra no mes de novembro e como campaña de sensibilización e difusión en materia de prevención. O premio está dotado con 600 euros e un agasallo. O prazo para participar remata o 15 de outubro.

2 Responses to Certame de fotografía e deseño contra a violencia de xénero

  1. Gonzalo Responder

    Setembro 6, 2013 at 00:35

    Boas noites; preguntome se pode indicarme onde podo atopar as bases para iste mesmo concurso e adradecería saber en que web podería ver as fotos gañadoras de anteriores anos.

    Un saudo cordial;

    Gonzalo

  2. Redacción Responder

    Setembro 6, 2013 at 10:32

    Bo día Gonzalo,
    podes encontrar as bases do certame nas ligazóns aos dípticos correspondentes que están a pé desta información do Concello de Lugo:
    http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227518162074&color=Rojo&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_Novas%2FLugoNoticiaDetalle&tipoLetra=Texto1

    E nestoutra, podes ver a imaxe e cartel gañadores da pasada edición:
    http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227511456258&idioma=es&pagename=Lugo%2FSpark_Novas%2FLugoNoticiaDetalle

    Un saúdo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*