Citas co falaRedes deica final de ano

Os espectáculos Rosalía Pequeniña e As Pombas do Carboeiro chegarán a un feixe de concellos este outono.

A compositora e cantante Uxía e o músico Sérgio Tannus seguirán acercándolles a obra de Rosalía de Castro aos nenos e nenas galegos no 150º aniversario da publicación da súa obra Cantares gallegos, coa que se iniciou o Rexurdimento da lingua galega no século XIX. A ritmo de muiñeira, de blues ou de rock os nenos e nenas de 6 a 11 anos gozarán coas súas familias dun concerto divertido de alta calidade artística e aprenderán cancións en galego para cantaren xuntos na casa, no coche ou no parque.

O programa falaRedes 2013 de actividades da Secretaría Xeral de Política Lingüística inclúe tamén a actividade “As pombas de Carboeiro”, onde partillan protagonismo os actores que a representan e as bandas de música que os acompañan.

Velaquí o calendario completo:

ROSALÍA PEQUENIÑA

 

Setembro:

  • 01/09/2013: Forcarei, no Auditorio de Soutelo de Montes, ás 21:00 h

  • 03/09/2013: A Lama, na Praza da Pedreira, ás 19:00 h

  • 08/09/2013: Marín, na alameda Rosalía de Castro, ás 18:30 h

  • 09/09/2013: Cerdedo, no Auditorio do Centro Cultural de Cerdedo, ás 19:00 h

  • 10/09/2013: Tui, na Igrexa de Santo Domingo, ás 20:00 h

  • 12/09/2013: Cuntis, na Casa da Cultura, ás 19:30 h

  • 14/09/2013: Brión, no Centro Social Polivalente, ás 12:00 h

  • 19/09/2013: Fene, na Casa da Cultura, ás 20:00 h

  • 22/09/2013: A Baña, nas Escolas Vellas, ás 17:30 h

  • 24/09/2013: O Vicedo, no salón de actos da Casa da Cultura, ás 16:00 h

  • 25/09/2013: Neda, no salón de actos da Casa da Cultura, ás 18:30 h

  • 26/09/2013: Ponteareas, no Auditorio Reveriano Soutullo, ás 19:00 h

  • 29/09/2013: Toques, no Pavillón Polideportivo de Souto, A Capela, ás 12:00 h

Outubro:

  • 03/10/2013: Cariño, na Casa da Cultura, ás 18:00h

  • 04/10/2013: Mondariz-Balneario, na Biblioteca Pública Mondariz-Balneario, ás 18:00 h

  • 05/10/2013: Carballedo, no salón de sctos do Concello, na Barrela-Carballedo, ás 18:00 h

  • 24/10/2013: Cangas, no Auditorio Municipal, ás 18:00 h

  • 30/10/2013: Baiona, no Centro Multiúsos Ángel Bedriñana, ás 18:00 h

  • 31/10/2013: Carnota, no salón de plenos do Concello, ás 18:00 h

Novembro:

  • 01/11/2013: Laxe, no salón de actos da Casa do Concello, ás 19:00 h

  • 02/11/2013: A Pobra do Brollón, na Casa da Cultura Olga Novo, ás 18:30 h

  • 03/11/2013: Lousame, no salón de actos da Casa da Cultura Santeiros de Chave, ás 19:00 h

  • 08/11/2013: Campo Lameiro, no Auditorio Sobrino Buhígas, ás 18:00 h

  • 10/11/2013: Pontedeva, na ludoteca da Veiga, ás 19:00 h

 

 

 

AS POMBAS DE CARBOEIRO

 

Outubro:

  • 04/10/2013: Padrón, no paraninfo da sede da Fundación Camilo José Cela, ás 20:30 h

  • 06/10/2013: Ortigueira, no Teatro da Beneficencia, ás 19:00 h

  • 13/10/2013: Fisterra, no Salón de Actos da Casa do Concello, ás 18:30 h

  • 19/10/2013: Tui, no Teatro Municipal, ás 20:00 h

  • 20/10/2013: Valga, no Auditorio, ás 19:00 h

  • 26/10/2013: Ribadavia, na Casa da Cultura, ás 20:00 h

  • 27/10/2013: Brión, no Centro Social Polivalente, ás 20:00 h

Novembro

  • 09/11/2013: Boiro, na Casa da Cultura, ás 20:00 h

  • 10/11/2013: Oleliros, no Centro Cultural A Fábrica, ás 19:30 h

  • 16/11/2013: Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 h

  • 17/11/2013: Foz, na Casa da Cultura, ás 20:30 h

  • 23/11/2013: Sober, no Centro Sociocultural, ás 20:00 h

  • 24/11/2013: Lalín, no Auditorio Municipal, ás 18:30 h

 

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*