Exposición “15 contos breves e extraordinarios”

Proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade. No Auditorio de Galicia, en Santiago. Deica o 29 de setembro.

’15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove‘ é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

A iniciativa contou coa colaboración desinteresada de 15 artistas galegos de primeira fila: Antón Lamazares, Anxel Huete, Berta Cáccamo, Darío Basso, José Freixanes, Din Matamoro, Francisco Leiro, Fruela Alonso, Itziar Ezquieta, Jorge Barbi, Manolo Paz, Manuel Quintana Martelo, Pablo Gallo, Vicente Blanco e Xavier Correa Corredoira, que traballaron con estes 15 participantes. Durante moitas sesións de traballo, os protagonistas descubriron, exploraron, reflexionaron e experimentaron arredor da arte contemporánea, que culminaron con encontros co propio artista. A mostra reúne unha selección do material e documentación recollido durante o proceso á beira das 15 obras orixinais.

PARTICIPANTES e ARTISTAS:
Pablo Candal Barbeito – Fruela Alonso
Bruno Capobianco – Itziar Ezquieta
Adrián Caridad – Vicente Blanco
Marta Costa Amigo – Berta Cáccamo
Manuel Dorado Bello – Manuel Quintana Martelo
Javier Feijoo Fuentes – Xavier Correa Corredoira
Belén Fernández Folgueira – Francisco Leiro
Gabriel López No – Darío Basso
Miguel Martínez Novo – José Freixanes
Laura Martínez Orizales – Din Matamoro
Eloy Nogueira Alvarez – Manolo Paz
José Manuel Sanchez Rey  – Antón Lamazares 
Miguel Taíbo Pena – Jorge Barbi
Jaime Vazquez Caneiro – Pablo Gallo
David Vázquez Lamazares – Anxel Huete

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*