Obradoiro de arquitectura indíxena

Orinoco. Viaxe a un mundo perdidoActividade o sábado 7 de setembro da mostra “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido”.

A mostra “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido” permanece en exposición ata o 12 de xaneiro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O vindeiro sábado 7 de setembro, convídase as familias a achegaren os máis pequenos da casa a aproximarse á cultura e ao modo de vida das tribos do Amazonas a través dun obradoiro de arquitectura indíxena.

A actividade proponlles aos cativos a oportunidade de viaxar no tempo e descubrir as vivendas que atoparon os exploradores cando descubriron o Orinoco, os materiais respectuosos co medio natural que empregaron e cales delas permanecen ata a actualidade. Ademais, construirán exemplo das dúas vivendas máis prezadas na selva e que perduraron ata a actualidade: as churuatas ou vivendas do bosque, e os palafitos (vivendas sobre a auga), dúas iconas da cultura venezolana e do seu afán por vivir en harmonía coa natureza.
O Obradoiro de arquitectura indíxena terá lugar no Museo Centro Gaiás o sábado 7 de setembro en dúas quendas: 12:00 e 17:00 horas con 25 prazas cada unha. O obradoiro ten un prezo de 3 euros e as entradas poden adquirirse no Punto On da Cidade da Cultura ou en www.servinova.com (máis gastos de xestión).

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*