VII Encontro de Debate Sobre o Medio Rural: Cultura e Sociedade

VII Encontro de Debate Sobre o Medio Rural: Cultura e SociedadeOrganiza Nova Escola Galega. O 27 e 28 de setembro. Granxa de Barreiros (Sarria).

A escola rural, inserida no seu medio e permeable á cultura comunitaria, é considerada como un laboratorio pedagóxico capaz de promover experiencias que acadan sempre recoñecemento no ámbito profesional e unha forte consideración nas súas comunidades de referencia e entre a cidadanía. No pasado, a escola rural foi considerada un referente cultural –ás veces o único– de primeira magnitude.

Estes Econtros organizados por Nova Escola Galega teñen carácter interdisciplinar e pretenden achegarlle ao profesorado, á comunidade educativa e á cidadanía reflexións sobre a historia, a actualidade e o futuro do medio rural galego, con especial atención ao papel que neste medio desenvolven a cultura e a educación, ben desde a propia institución escolar ou ben desde outras iniciativas de carácter socioeducativo e comunitario promovidas por institucións e asociacións de ámbito cultural.

A VII edición ten prevista a celebración na Granxa de Barreiros (Sarria). A elección deste espazo relaciónase directamente co propósito de poñer de relevancia a experiencia pedagóxica e cultural de orientación agropecuaria desenvolvida alí a mediados do século pasado, e de recoñecermos nela á pegada de Avelino Pousa Antelo e de Valentín Arias López, persoas dinamizadoras destas iniciativas nese contexto e cunha especial sensibilidade a prol do medio rural desde unha visión propia, en clave de país, no que hoxe podería cualificarse de emprendedurismo endóxeno e proactivo.

Datas e lugar de celebración: 27 e 28 de setembro do 2013. Granxa de Barreiros (Sarria)

Custo da matrícula: 

Ata o 17 de setembro de 2013:
Socios/as de Nova Escola Galega: 20 euros.
Desempregados/as: 30 euros.
Cota ordinaria: 40 euros. 

A partir do 18 de setembro de 2013: 
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 euros. 
Desempregados/as: 40 euros.
Cota ordinaria: 50 euros.

Pensión completa (cea, durmir, xantar e almorzo): 25 euros sobre o custo da matrícula. 
Xantares soltos: 8 euros cada un. 
*(O custo da pensión completa ingresarase xunto coa matrícula. Os xantares soltos pagaraos cada quen no momento.)

Máis información na web de Nova Escola Galega

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*