Como presta a comida cando se aproveita ben!

Anselmo celebra a volta á escola convidando a seus amigos a comer. Vexamos que tal se lle dá a cociña.

Anselmo non sabe distinguir moi ben entre o que é unha raqueta e o que é unha tixola. Pero ten gañas de aprender. Afortunadamente, Vito, Lilia e o profesor Uxío están alí para botarlle unha man e de paso seguir a ensinarlle boas prácticas ambientais.

Velaquí un novo capítulo da serie multimedia para as aulas fornecida pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).

Logo dunha primeira entrega de doce pezas, a Familia Trebón regresa á rede con novos capítulos. E ao tema da xestión dos residuos urbanos únense desta volta outros temas de gran interese como o transporte limpo e o aforro enerxético. Ao longo do ano, novas aventuras desta serie orientada aos escolares de Infantil e primeiro ciclo de Primaria estarán dispoñibles na sección multimedia de Sogama e tamén no portal galego de educación Botóns.

Capítulos anteriores:

 

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

4 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*