Os Amigos de Vilaverde aprenden sobre as estacións do ano

O Caderno Verde publica un novo material gratuíto para as aulas de Coñecemento do Medio.

Axiña chegará o outono e hai moito que contar das aventuras deste verán. Ás portas do equinocio de outono, xunto aos amigos de Vilaverde coñecemos algo máis sobre as estacións do ano. Na web do Caderno Verde pode descargarse xa a ficha titulada ‘As estacións’.

Co lema “Educación para un futuro sostible”, o espazo en rede Caderno Verde, impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio da Consellería de Medio Ambiente, o Caderno Verde contén moitos outros materiais didácticos de interese. A xestión dos residuos urbanos en xeral, e o cometido desta empresa pública en particular, constitúen os eixes centrais sobre os que xiran as distintas actividades recollidas nesta plataforma web.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*