Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Flickr: http://www.flickr.com/photos/bluecatproject/321601065/
O prazo de inscrición na fase galega estará aberto ata o vindeiro 21 de outubro.

O gañador desta etapa representará a Galicia na fase estatal do certame. Os centros que desexen participar deberán seleccionar unha alumna ou alumno que estea a realizar o segundo curso de Bacharelato. O prazo para a inscrición de candidatos na fase galega estará aberto ata o vindeiro 21 de outubro.

O alumnado seleccionado por cada centro participará nas probas que se celebrarán o día 24 de outubro no IES de Sar (Santiago de Compostela). O/a aspirante que quede no primeiro posto representará a Galicia a nivel estatal, acompañado/a por un profesor ou profesora.

Os interesados poden consultar a convocatoria no portal educativo da Consellería, no enlace web http://www.edu.xunta.es/web/concursoortografia .

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*