Revista Oink, xa nos quioscos

O espírito do Xabarín Club está de volta, e chimpa á banda deseñada.

Vimos de apañar o primeiro número da revista Oink. O xabarín da TVG anda agora tamén ás carreiras polo papel. Na revista inclúen reportaxes, artigos, entrevistas, novas, “todo pensado para as mentes inquedas e co único obxectivo de acender a súa curiosidade polo mundo”.

E un feixe de ilustres-ilustradores nas páxinas: Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto: Todos eles sacarán o lapis para darlles vida aos seus personaxes número tras número.

Revista Oink

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*