Que sabes sobre as linguas que se falan en Europa?

dia-europeo-lenguas-2Vinte datos curiosos sobre a diversidade lingüística mundial.

01. Existen entre 6000 e 7000 linguas no mundo, faladas por 7 mil millóns de persoas distribuídas en 189 estados independentes.

02. Hai 225 linguas autóctonas en Europa, aproximadamente un 3 % do total mundial.

03. A maior parte das linguas do mundo fálanse en Asia e África.

04. Polo menos a metade da poboación mundial é bilingüe ou plurilingüe, é dicir, falan dúas ou máis linguas.

05. Os europeos atópanse con cada vez máis linguas estranxeiras na súa vida diaria. Existe a crecente necesidade de xerar interese polas linguas entre os cidadáns europeos.

06. Moitas linguas contan con máis de 50.000 palabras pero normalmente os falantes coñecen e utilizan só unha porción do vocabulario total: en conversación diaria utilizamos sempre as mesmas cen palabras.

07. As linguas están en contacto constante e aféctanse de diversos xeitos. O inglés, por exemplo, adoptou palabras de moitas outras linguas e todas as linguas europeas na actualidade empregan palabras procedentes do inglés.

08. Durante o seu primeiro ano de vida, os bebés empezan a producir unha serie de sons vocálicos; cando cumpren o seu primeiro ano xa poden distinguir as primeiras palabras, ao redor dos tres anos comezan a formar frases complexas e aos cinco, un neno conta xa con miles de palabras no seu vocabulario.

09. Normalmente, a lingua materna é a que mellor coñecemos e máis utilizamos. Con todo, poden existir “perfectos bilingües”, capaces de falar dúas linguas co mesmo nivel de competencia. O máis frecuente con todo é que as persoas bilingües non mostren un equilibrio perfecto entre as súas dúas linguas.

10. O bilingüismo trae consigo moitos beneficios: facilita o proceso de aprendizaxe dunha lingua adicional, axiliza os procesos mentais e permite o contacto con persoas doutras culturas.

11. O bilingüismo e o plurilingüismo tamén comporten beneficios económicos: atopar emprego é máis fácil para aqueles que falan varias linguas e as empresas multilingües teñen máis vantaxe competitiva con respecto ás monolingües no mercado.

12. As linguas relaciónanse como os membros dunha familia. A maior parte das linguas europeas pertence á gran familia de linguas Indoeuropeas.

13. A maioría das linguas en Europa forma parte de tres amplos grupos: as linguas xermánicas, as linguas romances e as eslavas.

14. A familia de linguas xermánicas está formada polo danés, o noruego, o sueco, o islandés, o alemán, o neerlandés, inglés e yiddish, entre outras.

15. As linguas romance inclúen ao italiano, o francés, o español, portugués e romanés, entre outras.

16. As linguas eslavas inclúen o ruso, o ucraniano, o bielorruso, o polaco, o checo, eslovaco, esloveno, serbio, croata, macedonio, búlgaro e outros.

17. A maior parte das linguas europeas fan uso do alfabeto latino. O alfabeto cirílico utilízase en moitas linguas eslavas. O grego, o armenio, o xeorxiano e o yiddish contan cun alfabeto propio.

18. A maioría dos países en Europa albergan varias linguas rexionais ou minorizadas, algunhas das cales obtiveron estatus de lingua oficial.

19. As linguas non-europeas máis usadas no territorio europeo son o árabe, o chinés e o hindi, cada un cun sistema de escritura propio.

20. En Rusia (148 millóns de habitantes) fálase o maior número de linguas: de 130 a 200, dependendo do criterio.

21. Debido ao influxo de inmigrantes e refuxiados, Europa é cada vez máis multilingüe. Só en Londres fálanse máis de 300 linguas (árabe, turco, kurdo, bereber, hindi, punjabi, etc).

Fonte: Consello de Europa / Día Europeo das Linguas

Recomendámosvos tamén o Trivial europeo sobre linguas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*