II Xornadas de estudo e experiencias “Infancia e Cidade”

infancia-e-cidade-pontevedraEn Pontevedra, 19 e 20 de outubro. Coa intervención de Francesco Tonucci.

As II Xornadas de estudo e experiencias “Infancia e Cidade”, organizadas polo Concello de Pontevedra coa colaboración do Ceneam (Centro nacional de educación ambiental, do Ministerio de Medio Ambiente) van ter lugar no Pazo da Cultura e no Teatro Principal os días 19 e 20 de outubro. Estas xornadas contarán coa presenza do prestixioso pedagodo italiano Francesco Tonucci.

“Mobilidade e infancia” é un dos grupos de traballo permanente da Ceneam, dirixido por María Sintes, responsábel da área de Educación e Cooperación do Ceneam, que visitou o pasado mes de maio a cidade de Pontevedra. Este grupo de traballo creouse no ano 2011 e reúnese unha vez ao ano. En 2012 foi na cidade de Segovia, onde tamén estivo Pontevedra. O obxectivo deste grupo de traballo  é promover o encontro de representantes de concellos, entidades, centros educativos, empresas consultoras e ONGs implicados en programas de mobilidade infantil, para facilitar o intercambio de experiencias, metodoloxías, recursos e boas prácticas. Tamén busca favorecer o coñecemento das diferentes experiencias e modelos de traballo que se están desenvolvendo no ámbito dos programas de mobilidade infantil urbana co obxecto de impulsar a aprendizaxe mútua, a colaboración e a coordinación de esforzos.

Á reunión do grupo de traballo asistirán 26 expertos representantes de administracións (fundamentalmente locais), entidades, centros educativos, consultoras e ONGs que desenvolven programas educativos ou de participación centrados na mellora da mobilidade urbana e da autonomía infantil.

A programación é a seguinte:
Sábado 19
• 10 h. Sesión de grupo de expertos en mobilidade urbana no Pazo da Cultura.
• 12h. Visita a Pontevedra guiada por persoal municipal.
• 16h. Intercambio de experiencias sobre mobilidade infantil do grupo de expertos con Francesco Tonucci. No Pazo da Cultura
• 19.30h. Acto público no Teatro Principal (entrada libre): Conferencia de Francesco Tonucci presentado polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores: “Autonomía de movemento da rapazada. Unha necesidade para eles. Un recurso para a escola e a cidade”.

Domingo, 20
• 10h. Análise de experiencias en mobilidade infantil e evolución. Sesión pechada do grupo de discusión sobre mobilidade urbana. Pazo da Cultura
• 13 h.Conclusións e peche da xornada.

Formarán parte dese grupo de expertos:
• Maria Sol Mena Rubio (Madrid) Concello de Madrid – Proxecto “En bici al instituto”-Programa STARS          
• Marta Román Rivas (Madrid) GEA21 S.L          
• Consuelo Uceda Castro (Madrid ) Asociación Acción Educativa-Grupo de traballo “Ciudad de los Niños”          
• Belén Calahorro Lizondo (Valencia) Fundació Mobilitat Sostenible i Segura         
• Haritz Ferrando Lebraud Consultor experto en mobilidade ciclista          
• Eva Puche Navarro (Córdoba) Concello de Córdoba, Dpto. de Mobilidade , Accesibilidade e Tráfico-Asesora Externa          
• Pedro Pérez Martín Colectivo peonil A Pata          
• Diana Ponce Belmonte (Madrid) Asociación Acción Educativa- Grupo de traballo “Ciudad de los Niños”          
• Francisco José Paz Fuentes (Valencia) Federación de Profesores de Educación Vial
• Clara Moreno Gómez (Madrid) “Asociación de Viandantes A Pie”         
• Violeta Usán Sanz (Zaragoza) Concello de Zaragoza – Área de Cultura, Educación e Medio Ambiente- Programa Camino Escolar          
• María Sintes Zamanillo Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)-Mº Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente          
• Rubén Rodríguez (Granada) Deputación Provincial Granada-Programa camino escolar-Consultor externo          
• Carlos Poblete (Madrid) Asociación Cíclope          
• Jaume Portet (Valencia) Valencia en bici          
• Maria Luisa Moreno Berzosa Asociación Cíclope          
• Luis Miguel Ocaña Sanz Asociación Cíclope          
• Pilar Mahamud Isidro (Alicante) Concello de San Vicente del Raspeig          
• Raquel Navas Hernández (Madrid) Asesora pedagóxica-DXT          
• Mª Helena Rodríguez García (Pontevedra) Coordinadora Educación Vial -DXT Pontevedra          
• Manu González Baragaña (Donostia) Fundación Cristina Enea/Observatorio da Sostenibilidade Donostia          
• Roberto González Argote (Vitoria-Gasteiz) Centro de Estudos Ambientais –CEA-Concello de Vitoria-Gasteiz          
• Jesús Mesanza (Vitoria-Gasteiz) Centro de Estudos Ambientais –CEA – Concello de Vitoria-Gasteiz          
• Esther Anaya (Hospitalet de Llobregat -Barcelona) Consultora experta en mobilidade ciclista          
• Pau Avellaneda García (Sabadell-Barcelona) Universidade Autónoma de Barcelona          
• José Francisco García Campo (A Coruña) Asociación VERDEGAIA

COMPARTIR

1 COMENTARIO

  1. Boas tardes
    Mañá día 19 de outubro gustaríame asistir no Pazo da Cultura ao Intercambio de experiencias sobre mobilidade infantil do grupo de expertos con Francesco Tonucci. Quería saber se a entrada é libre ou, polo contrario, era necesario terse apuntado previamente.
    Espero a súa resposta. Moitas gracias
    Un saúdo

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*