Laboratorio Aberto

exploradomus-2Obradoiros escolares na Domus da Coruña para o curso 2013-2014.

O espazo de experimentación da Domus onde o científico é o escolar abriu xa prazo de inscrición. Os catro obradoiros, destinados a grupos de escolares desde 6 a 18 anos son os seguintes:

TALLER 1
Como se desenvolven os fármacos? 

Luns e venres. Participa na síntese dunha molécula que será parte dun novo fármaco que se está investigando para o Parkinson.
Alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos
De 14 a 18 anos  

TALLER 2
A revolución biotecnolóxica 

Mércores e xoves. Transfórmate en biotecnólogo, realiza unha transformación bacteriana, e participa na procura dunha diana para o tratamento contra a aterosclerose.
Alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos
De 14 a 18 anos  

TALLER 3
Investiga a vacina da malaria

Martes. Analiza e experimenta con diferentes candidatos a vacina contra a malaria, para identificar cal é o mellor deles.
Alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos
De 13 a 18 anos  

TALLER 4
ExploraDomus Cociña

Martes. Actividades de exploración da ciencia que se pode atopar na cociña.
Alumnado de Primaria
De 6 a 10 anos 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*