IV Día da Ciencia en Galego

dia-ciencia-en-galegoMarilar Aleixandre e Jorge Mira protagonizan as videoconferencias do martes 12 de novembro.

Neste 2013, o día da ciencia dedícaselle a dúas temáticas (arte e ciencia, e estatística) e a tres persoeiros (Isaac Díaz Pardo, Florence Nightingale e Richard Buckminster Fuller).

A Coordinadora Galega de ENDL convida os centros educativos a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o alumnado.

A bióloga e escritora Marilar Aleixandre impartirá a conferencia ‘Benqueridos insectos’: “Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que amamos”. Está recomendada para o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria. Terá lugar o martes 12 de novembro entre as 10:30h e as 11:30h.

Por outro lado, o físico e divulgador Jorge Mira protagonizará a conferencia titulada ‘”Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol’. Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaranos como fixeron eses gregos para saber o tamaño do mundo que habitamos e calcular a distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea. Esta videoconferencia está recomendada para o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e terá lugar entre as 12:00h e as 13:00h.

Máis información na web da Coordinadora Galega de ENDL

Tamén sobre outras actividades, información nas webs Cienciaengalego.org e Igaciencia.eu

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*