Queres ser ornitólogo voluntario este inverno?

avesEn novembro abre outra vez o programa de SEO BirdLife. Colabora e ao tempo coñece as aves.

O Programa SACIN do colectivo SEO/BirdLife pretende coñecer o estado das poboacións de aves invernantes. A iniciativa conta todos os anos con centos de voluntarios en toda a península que axudan á elaboración dos censos de aves comúns neste tempo de inverno. O índice de cambio non só axuda a determinar o estado de conservación de cada especie, senón que tamén amosa indicadores vencellados ao cambio climático.

Nas ligazóns adxuntas a este artigo podes entrar na web de SEO/BirdLife e descargar a información necesaria e inscribirte no programa. Aprenderás a recoñecer as aves máis comúns e poderás compartir os teus datos a través da web Seguimientodeaves.org.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*