Inicio » Planeta Verde » Un souto cheo de vida

Un souto cheo de vida

Da man de Sogama, velaquí unha nova aventura dos Trebón.

Hai anos, este bosque estaba cheo de residuos. Daquela non había nin recollida de lixo! E había xente que botaba o refugallo onde lle cadraba. Aquí estaba o que se chama un vertedoiro incontrolado. A familia Trebón, xunto co profesor Uxío, lémbranos a a importancia do tratamento axeitado do lixo.

Velaquí un novo capítulo da serie multimedia para as aulas fornecida pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).

Logo dunha primeira entrega de doce pezas, a Familia Trebón regresa á rede con novos capítulos. E ao tema da xestión dos residuos urbanos únense desta volta outros temas de gran interese como o transporte limpo e o aforro enerxético. Ao longo do ano, novas aventuras desta serie orientada aos escolares de Infantil e primeiro ciclo de Primaria estarán dispoñibles na sección multimedia de Sogama e tamén no portal galego de educación Botóns.

Capítulos anteriores:

 

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

cap2-8-portada

One Response to Un souto cheo de vida

  1. Pingback: PLANETA VERDE: As aventuras da Familia Trebón | Botóns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*