IV certame “Curtas para Rosalía”

Organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Prazo aberto deica o 19 de decembro.

A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. Resulta evidente que, pasada esta efeméride, as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo  descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe, mais cando o 2013 é un ano moi significativo pois conmemorase o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.

 Rosalía de Castro é a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega.

Polo tanto  aquelas  persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:
1.- Obras cuxa temática  xeral  sexa a  persoa  de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento  que  destaque  a  súa  vida,  traballo ou  calquera  outro punto  de  interese  da escritora como tal ou do seu contorno.
2.-. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto, de calquera época, da Literatura Galega.

As bases completas na web da AS-PG

‘Síndrome Rosalía’
“Clementina é a primeira muller do mundo que sofre o Síndrome Rosalía” Curtametraxe gañadora da categoría “autora menor de 30 anos” no Certame Curtas para Rosalía 2011, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*