Noite de música e palabra solidaria

implicate2014-interiorIX Edición do Implícate! Este domingo 12 de xaneiro.

Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a cita anual coa cultura e a solidariedade de Implicadas/os No Desenvolvemento. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 12 de xaneiro de 2014, ás oito e media da tarde, para participar na IX edición do ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’, organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño.

O obxectivo de ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O obxectivo principal deste evento é dar a coñecer o traballo de Implicadas e a invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, para reflexionar e cambiar o mundo desde Galicia a través dunha conciencia crítica. Ao mesmo tempo, os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse integramente a financiar os programas de cooperación que Implicadas apoia na India.

Ao longo da celebración do “Implícate!”, o público poderá gozar das diferentes interpretacións, ademais de coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de programas de cooperación que apoia no Sur e as actividades de sensibilización e concienciación que realiza en Galicia.

Este ano o cartel “Implícate! Noite de música e palabra solidaria” está formado por:

MÚSICA:
-Najla Shami
-Deusa Tola
-Ataque Escampe

DANZA:
-Druídadanza

LITERATURA:
-Olga Novo
-Cesáreo Sánchez Iglesias
-Elvira Riveiro
-Daniel Salgado

TEATRO:
-Camila Bossa e Iolanda Muíños
-David Perdomo

Venda de entradas
As entradas (12 euros xeral, 8 euros estudantes) están á venda na taquilla de Nova Galicia Banco, ben na internet ou por teléfono no 902 43 44 43. Por suposto, tamén se poden mercar no propio Teatro Principal.

Está dispoñible tamén unha fila 0 (mediante unha achega mínima de 5 euros) para aquelas persoas que non poidan asistir e queiran colaborar co festival. A fila 0 pódese mercar na taquilla de Nova Galicia Banco.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*