“O pequeno Verne” e “Zapatos”

zapatos-caramuxoEn Santiago. Dentro do Ciclo Infantil & Familiar.

O ciclo Infantil & Familiar trae á programación da fin se semana O pequeno Verne e Zapatos, dúas novas obras teatrais para os máis pequenos. A primeira, recomendada a partir de 4 anos, representarase o sábado 11 de xaneiro, ás 18:00 horas, no Teatro Principal. A segunda, para pequenos de 1 a 4 anos, estará na Zona C o domingo 12 de xaneiro en dúas funcións, ás 17:00 e ás 18:30 horas.
O pequeno Verne é unha proposta infantil de Teatro Negro IRÚ. Xulio é un neno ao que non lle gusta demasiado estudar. Un día, o libro que debería ler toma vida e transpórtao a un mundo de coñecementos e aventuras, dando a volta ao mundo en globo, atravesando buracos negros, pelexando con pulpos xigantes… Esta aventura espertará a súa imaxinación e converterao nun dos máis fabulosos escritores: Julio Verne. O pequeno Verne é unha obra de teatro infantil cunha peculiaridade, a unión de dúas técnicas teatrais de forte impacto visual: a milenaria técnica do Bunraku e Luz Negra. Os personaxes (marionetas) son de papel maché, goma espuma, pinturas fluorescentes e outros trucos.

Entradas á venda na billeteira do Teatro Principal e enentradas.novagaliciabanco.es, cun prezo de 14 euros / 12 euros (anfiteatro)

Zapatos 
Con Zapatos regresa Caramuxo con teatro para bebés. Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza nova é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*