Os xoguetes esquecidos

museo-listeActividade para escolares. No Museo Liste. En Vigo.

Mostra de xoguetes co obxectivo de introducir aos nenos na comparativa entre épocas analizando a evolución das pezas e dos materiais que conformaban os aspectos lúdicos da infancia. A través da observación da necesidade da presenza do xogo na nenez, achegarémonos ás distintas concepcións desta etapa da vida. De xeito trimestral, ofertaranse, ademais da visión xeral, monográficos sobre determinados tipos de xoguetes. Neste primeiro trimestre do ano, deterémonos na historia dos xoguetes estrela de todas as épocas: as bonecas e os vehículos.

Lugar: sala “O devir das estacións”
Datas: durante todo o ano
Duración: 30 minutos
Dirixido a: grupos escolares de infantil e primaria previa solicitude.
Soporte didáctico: pezas pertencentes á colección do Museo Liste e a distintas coleccións
privadas; audiovisuais e monitoraxe.

Máis información na web do Museo Liste

Na web do Concello de Vigo, programa para o primeiro trimestre do ano no Museo Liste

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*