‘Aventuras no Aquarium’

aquarium-finisterrae-2Viaxe ao centro do Aquarium e aventuras coas focas. Na Coruña.

As “Aventuras” poderán ser as seguintes:

– “Aventura coas focas”: Celébrase os sábados e domingos ás 11 horas a partir do 18 de xaneiro. A actividade está dirixida a nenos maiores de 7 anos, que deben asistir acompañados dun dos seus pais.

– “Viaxe ao centro do Aquarium”: Unha visita guiada pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, celebrarase sábados e domingos ás 12 horas.

Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 842, a partir do 14 de xaneiro, e abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*