Ingenious, concurso para docentes

ingeniousConvocatoria europea para o fomento das matemáticas e a educación científica. O prazo remata o 28 de febreiro.

A quen está dirixido?

Este concurso está concibido para docentes de primaria e secundaria de centros da Unión Europea, os países da AELC, Andorra, Israel, Turquía e Macedonia. inGenious busca docentes con creatividade a quen lles guste de verdade fomentar as vocacións de ciencias, tecnoloxía, enxeñeiría e matemáticas entre os seus estudantes.

De que trata?

O 1er concurso inGenious trata sobre planificar, dirixir, avaliar e difundir métodos pedagóxicos que melloren os coñecementos do alumnado acerca dos retos e as oportunidades do sector das tecnoloxías, enxeñeiría e matemáticas de hoxe en día. Por medio de actividades, xogos de rol, debates e charlas, visitas, colaboración con empresas, vídeos inspiradores e moito máis, espérase que os docentes establezan unidades didácticas interactivas exemplares e transformadoras.

Cando ten lugar?

O concurso está aberto desde setembro de 2013 ata finais de febreiro de 2014. Soamente entrarán a concurso as actividades realizadas no centro educativo desde xaneiro de 2013 ata finais de xaneiro de 2014. O prazo de envío de candidaturas permanecerá aberto durante o mes de febreiro de 2014.

Por que participar?

Hai moitas razóns polas que participar no 1er concurso inGenious Entre elas:

  • Alcanzar un dos 30 postos finalistas, asistir á cerimonia de entrega de premios en Bruxelas e ao taller de divulgación científica.
  • Poñer ideas en común e aprender xunto con docentes afíns de toda Europa.
  • Con acceder ao concurso inGenious é abondo para conseguir o conxunto de actividades dixital.

TOda a información na web oficial de Ingenious

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*