Inicio » Actualidade » “Verdade e liberdade”

“Verdade e liberdade”

filosofia-hoyUn alumno vigués gaña un premio de ensaio filosófico.

“E é que si queres privar a alguén da súa liberdade, debes privarlle do acceso á verdade. Á fin e ao cabo, un escravo que loita por liberarse das súas ataduras só é prisioneiro fisicamente. Con todo, un escravo que non se considere escravo, ou que en verdade non coñeza o que é a liberdade, é ademais prisioneiro de si mesmo, da súa ignorancia. Aínda na actualidade atopamos exemplos disto, desde as persoas maltratadas pola súa parella, á cal non renuncian por cego amor, ata as persoas que choran a morte dun tiránico ditador (ou os que celebran o acceso ao poder dun peor), ou os drogadictos que ignora que en efecto viven escravos do seu adicción”

Así de elocuente se expresa Jacobo Mouriño Almeida, alumno de segundo de Bacharelato no Colexio María Inmaculada de Vigo. Co seu traballo “Verdade e liberdade”, e titorizado pola profesora Carmen Pérez Tanoria, Jacobo Mouriño resultou elixido gañador do primeiro premio no concurso internacional de ensaio filosófico que convoca o portal descargar o traballo de Jacobo Mouriño e do resto de premiados.

2 Responses to “Verdade e liberdade”

  1. Pablo do Paso Responder

    Xaneiro 23, 2014 at 12:19

    Xa que falamos dela, a ver se contamos toda a “verdade”: esa páxina que dá o premio é unha web católica disfrazada de filofósica. O seu promotor é un cura que intenta aínda nestes tempos relacionar ciencia (onde se admite a crítica e a comparación entre pares) coa relixión (onde o que di unha xerarquía non pode ser refutado por ninguén). Así que, verdade, pouca. Liberdade, menos.

  2. Afonso Responder

    Xaneiro 23, 2014 at 13:15

    Concordo con Pablo, non deixa de ser unha web católica. En todo caso, acabo de ler un par dos traballos premiados, incluido o gañador, e son moi interesantes as reflexións. Ainda que por desgracia non deixa de notarse moito a influencia polo centro relixioso no que estudian.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*