Contornos persoais de aprendizaxe para o desenvolvemento profesional docente

curso-educalabCurso gratuíto no EducaLab, deica o mes de marzo.

O curso consta de 7 unidades agrupadas en 2 módulos:

Módulo I
As nosas pegadas dixitais.
De docentes conectados a docentes en-rede(ados).
PLE e xestión da información.

Módulo II
Creación dunha comunidade de aprendizaxe.
Curación de contidos.
Aprendizaxe permanente. Aprendizaxes e pedagoxías emerxentes.
Conclusións do proxecto e balance do curso.

Mediante a realización das actividades do curso, poderanse conseguir 3 emblemas dixitais: un ao final do primeiro módulo, o segundo ao completar a unidade 6 e un terceiro e último emblema asociado á finalización satisfactoria do plan de actividades do curso.

Esta nova modalidade de formación faise de forma experimental sen certificación. Só se entregan os emblemas dixitais mencionados como forma de recoñecemento da aprendizaxe desenvolvida nas actividades do curso. A estimación de carga horaria é só orientativa, non se certifican “horas de formación”. Espérase que a participación no curso teña como principal motivación a aprendizaxe persoal, o desenvolvemento profesional e a colaboración con outros docentes.

Máis información e matrícula

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*