Encontro galego de educación ambiental

encontro-educacion-ambientalCo lema “Novos escenarios, novas miradas”. Este sábado 25 de xaneiro en Compostela.

O encontro quere ser un espazo no que coñecer iniciativas concretas que estean a funcionar, mais tamén quere identificar novos escenarios e actores cos que establecer alianzas e impulsar novas propostas de Educación Ambiental.

Está organizado pola Federación Ecoloxista Galega, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da USC e a Sociedade Galega de Educación Ambiental-SGEA.

• Mesa 1. Metodoloxías innovadoras
Proxectos e iniciativas con propostas metodolóxicas que buscan novas formas de traballar e transformar a realidade.
• Mesa 2: Outra forma de organizarse
Plataformas, colectivos e iniciativas que están desenvolvendo novas formas de tomar as decisións e impulsar os seus proxectos.
• Mesa 3. Novos espazos para a EA
Proxectos e iniciativas que poden constituír novos espazos de traballo para a EA polas súas temáticas ou os seus obxectivos. 
• Mesa 4. Estratexias de conservación do territorio
Proxectos e iniciativas ligadas á conservación do territorio onde a EA xoga ou podería xogar un papel fundamental no seu desenvolvemento.

O encontro terá lugar no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, no Parque de Belvís (R/Camiño da Ameixaga, s/n)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*