Inicio » Actualidade » Radio Colmeiro

Radio Colmeiro

radio-colmeiroIniciativa de radio en liña no Instituto Pintor Colmeiro, en Silleda.

Seica a profesora de filosofía comentou que cando o ánimo anda baixo, comer leituga axuda e comer chocolate non. Pero se vostedes queren un antidepresivo efectivo, cóntanos as rapazas de Radio Colmeiro, o mellor é a música, prender a radio e deixarse levar pola música. Así nolo contan desde a sección de consellos e curiosidades, Irene Míguez, Antía Buján e Denís Varela, os locutores do primeiro programa de Radio Colmeiro, na rede desde o pasado mes de decembro.

Unha iniciativa da que nos chega noticia desde Silleda, promovida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Instituto Pintor Colmeiro. No Youtube podedes ver como o proceso de creación do proxecto.

E por certo, desde as mesmas terras, chéganos nova do estudo sobre toponimia que está realizando o alumnado e para o que solicitan a colaboración de toda a veciñanza.

3 Responses to Radio Colmeiro

  1. ENDL IES Pintor Colmeiro Responder

    Xaneiro 23, 2014 at 22:37

    Moitas grazas pola difusión!
    Non sabedes o traballo que levou. Pero xa están outros dous programas no forno.
    O traballo sobre a toponimia vai tirando. Esperamos que dentro duns meses, cando o teñamos máis perfilado, mereza tamén o voso recoñecemento.

  2. Redacción Responder

    Xaneiro 24, 2014 at 12:30

    Graciñas a vós! Mantédenos informados das novidades! Unha aperta

  3. RadioColmeiro Responder

    Xaneiro 24, 2014 at 13:05

    Grazas por este artigo, pronto estrearemos o novo programa, estade atentos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*