Caderno Verde: Multiplicando ata o colector azul

interior-multiplicandoNovo recurso no portal educativo de Sogama, desta volta para as aulas de matemáticas do segundo ciclo de Primaria.

Á volta dun novo Día Mundial da Educación Ambiental chegan novos materiais para as aulas desde a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

Aloia e o avó Celso van cara ao colector azul. De camiño xogan a multiplicar. Queres xogar con eles? Baixo o título Multiplicando ata o colector azul, está xa na rede un novo recurso no portal educativo de Sogama, desta volta para as aulas de matemáticas do segundo ciclo de Primaria.

O Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio da Consellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*