Petición a Shell para frear a explotación petrolífera no Ártico

greenpeace-petroleoIniciativa de Greenpeace na defensa deste ecosistema vital para o planeta.

Por primeira vez na historia, Gazprom comezou a extraer petróleo das xeadas augas do Ártico, fogar dos osos polares e narvais e onde un vertido tería consecuencias irreversibles.

Pero a capacidade do xigante petroleiro para levar a cabo estas perforacións depende do seu socio Shell. Os dous asinaron o que Greenpeace cualifica de “imprudente acordo para explotar este ecosistema clave para a saúde do planeta”. Farano a través da plataforma petrolífera na que protestaron os “30 do Ártico” de Greenpeace que, recordamos, acabaron no cárcere nunha polémica detención acusados vandalismo e piratería por tratar de defender este último espazo virxe.

“Esta pode ser a última oportunidade que teñamos para protexer esta fráxil rexión”, advirte o colectivo ecoloxista. É por iso que Greenpeace lle fai unha petición ao novo director de Shell, Ben van Beurden, que ocupará o cargo desde este mes de xaneiro, para que reflexione, free os plans de perforación de petróleo do Ártico e poña fin ao seu acordo Gazprom. “Protexer este espazo significa protexernos a todos. Protexer o noso futuro”, subliña Greenpeace.

Podes asinar aquí

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*