A alimentación

brais-a-alimentacionO Caderno Verde de Sogama achega de balde outro contido para o segundo ciclo de Primaria. Desta vez para Coñecemento do Medio.

Nos campos e granxas de Vilaverde cultívanse moitas plantas que nos proporcionan alimentos. Brais e Aloia están axudando na cociña. Identificas cada tipo de alimento?

Aquí podedes descargalo de balde: A Alimentación.

Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio daConsellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*